

DANIEL RODRÍGUEZ
Graduado en Coreografía e Interpretación de Danza Contemporánea no Conservatorio Superior María de Ávila, Madrid. O traballo de Daniel Rodríguez está presente como director, intérprete e coreógrafo no ámbito escénico, musical e no mundo audiovisual.
En 2022 crea a súa propia compañía a cal conta con repertorio formado por: A raíz de (2022), De Querer (2024) e TRANSEÚNTE (2025).
Forma parte do equipo de creación e interpretación do Colectivo Banquet (Madrid). Como intérprete formou parte dos espectáculos: O Salón dos Pasos Perdidos de Paula Quintas Cía, Seu Aquí de Colectivo Banquet, Dalet (da) de Daniel Abreu, Coreografías dun Demente de Fran Sieira, Demente de Fran Sieira, Rojo rojo verde de Colectivo Banquet e Man Ray de Taiat Dansa.
No ámbito musical, Daniel Rodríguez é director artístico e coreógrafo de Mondra na súas xiras "Folía das Ardentes" e "De Ronda". Director de movemento e coreógrafo de Fillas de Cassandra, nas súas xiras "Últimas Dionisíacas" e "Tertulia", e do artista O Xoán.
No audiovisual, destaca o seu traballo nas series Bosé de Atresmedia e Mariliendre de Suma Content. Dirixíu o movemento e coreografía de videoclips traballando con artistas como Tanxugueiras, Baiuca, El Nido, Karmento, Unto Vello ou Mondra, recibindo con este último o Premio Mestre Mateo 2025 do Audiovisual Galego a mellor videoclip por "Marimondra".
Premios e recoñecementos:
Premio Sólodos en Danza Ourense 2022 con xira a Costa Rica e Premio Xove do público infantil con A raíz de.
Premio do Certame Coreográfico Compostela con Colectivo Banquet, 2022.
Escaleira de Plata a mellor espectáculo no Festival ARCA 2023 con A raíz de.
Espectáculo recomendado pola Rede Española de Teatros, Auditorios , Circuitos e Festivais con TRANSEÚNTE e A raíz de.
Cinco candidaturas aos Premios Max 2025 con TRANSEÚNTE.




Creacións
A raíz de
Estrenado o 16 de xuño no certame SóLODOS En Danza Ourense 2022.
“O corpo, ese instrumento capaz de facer vivir hoxe as historias de onte e de permitir que nun único ser, onde habitan pasado e presente, dialoguen tradición e contemporaneidade para construir un discurso de futuro”.
A raíz de nace gracias á tradición galega, mediante o canto, a música e a danza tradicional e a procura do seu diálogo coa danza contemporánea. Nesta peza conséguese unha simbiose entre estas dúas linguaxes e os seus contextos, acercando o pasado ao presente, achegando a tradición ao público actual favorecendo un maior vínculo de este coa danza contemporánea e a danza de raíz.
Idea orixinal: Daniel Rodríguez
Coreografía e interpretación: Daniel Rodríguez
Edición de espazo sonoro: Raúl Ben
Espazo sonoro: Aida Tarrío, Crnds, Manuele Pardo, Baiuca
Deseño de vestiario: Abel Casal e Irene Fernández
Agradecementos: Vicky P. Miranda, Artur Puga
Duración: 15 '
Público: tódolos públicos
Peza: Sala e espazo non convencional/rúa
CRÍTICAS:
“O que nos ofreceu Daniel Rodríguez é o producto dun diálogo interior que non cesa.
O mellor da programación do Festival Trayectos dada súa verdade, intelixencia, rigor e cariño .”
-Luis Alberto Sosa, revista Achtung
“Resalta Nati Buil que chamou a atención a actuación de Daniel Rodríguez quén fixo “unha creación moi de raíz,
de folclore galego ao que lle deu un punto moi contemporáneo”
-MasEscena
“A identidade do noso pobo brilla fresca e seductora nesta alfaia da danza de Daniel Rodríguez”
-Afonso Becerra, Revista Tempos Novos
Foi 1º Premio Sólodos en Danza Ourense 2022 con xira a Costa Rica con A raíz de.
Premio Xove do público infantil Sólodos en Danza Ourense 2022 con A raíz de.
Escaleira de Plata a mellor espectáculo no Festival ARCA 2023 con A raíz de.
Seleccionada por Red Acieloabierto 2025
Coproducción de Daniel Rodríguez co Festival Danza no Claustro 2024 para ser presentado no programa os días 2, 3 e 4 de agosto do 2024.
É unha peza que se inspira, desde unha visión de presente, nas diversas mostras de amor e afecto entre individuos plasmadas no canto tradicional galego.
Dirección e coreografía: Daniel Rodríguez
Interpretación: Daniel Rodríguez e Xunquereteiras
Música en directo: Xunquereteiras
Colabora: Artur Puga
Duración: 15'
Todos os públicos


Estrea 21 de febreiro de 2025.
Transeúnte nace da man da tradición galega, a través da mistura do canto, a música e o baile tradicional para dar un paso adiante na búsqueda dun diálogo interxeracional, achegando e integrando as linguaxes propias da xeración actual.
Neste espectáculo créase unha simbiose entre dúas linguaxes e os seus contextos, achegando o pasado ao presente e as tradicións á actualidade da nosa xuventude. En Transeúnte apostamos polo vínculo entre a danza contemporánea e a danza de raíz establecendo así un diálogo entre xeracións.
Transeúnte conta con 4 bailaríns e 2 músicos en directo, buscando romper a barreira entre intérpretes e banda de música facendo que todos participen do movemento en escena, microfonando todos os corpos para xerar o espazo sonoro, usando ferramentas actuais como o autotune e modificando ritmos tradicionais facendo que, por exemplo, A Rianxeira sone ao ritmo do funk brasileiro.
Dirección e coreografía: Daniel Rodríguez
Asistencia de dirección: Arnau Pérez
Bailan: Javier de la Asunción, Laura García, Andrea Pérez e Daniel Rodríguez
Música en escena: Aida Tarrío (Tanxugueiras) e Artur Puga
Voz: Aida Tarrío e intérpretes
Deseño iluminación: Mauricio Pérez
Vestiario: Sheila Pérez
Produción musical: Javier Carreño e Acacia Ojea
Co-producen: Daniel Rodríguez, Xunta de Galicia a través do Centro Coreográfico Galego, Concello de Porriño, AMARELO Distribución Escénica.
Colaboran: Concello de Tui, Centro Coreográfico Canal, A Casa Vella
Duración: 50 min
Espazo: sala e rúa/espazos non convencionais
Público: tódolos públicos


Contacto
Daniel Rodríguez: (+34) 608860480
danielrodriguezcia@gmail.com / produccion.danielrodriguez@gmail.com






